Solon Bixler
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1977 (47 anos) Fresno, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista |
Período de actividade | 1992 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock |
Instrumento | Guitarra |
Solon Bixler, nado en Fresno (California) o 4 de xaneiro de 1977, é un músico de rock independente. É o guitarrista fundador das bandas 30 Seconds to Mars e Earlimart. Actualmente é a voz principal e o guitarrista do grupo Great Northern.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia moi relacionada coa música, xa que os seus pais e un tío formarán parte dunha banda chamada The Wild Blue Yonder. Solon comezou a tocar a batería con catro anos. A música foi moi importante nas vidas de Solon e o seu irmán. A súa nai faleceu en 1980. Máis adiante o seu pai casaríase de novo e tería outro fillo.
En 2001 Solon uniuse a 30 Seconds to Mars como guitarrista. Deixou a banda en 2003 debido principalmente as xiras. Dende 30 Seconds to Mars tocou en numerosas formacións como All Smiles, Earlimart e Sea Wolf. Despois de moitos anos dedicándose a gravar nun catro pistas xunto a Rachel Stolte, produciuse a creación de Great Northern. Solon, que quería tocar nunha banda xuntos, pediulle a Davey Latter que se unira. Davey inicialmente tocaba o baixo pero pasouse a batería cando Ashley Dzerigian uniuse a banda.